martes, 26 de septiembre de 2017

Quero ser maior! Comedia para toda a familia (a partires de 6 anos)





A nosa nova obra estrearase moi pronto, o día 8 de outubro, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Oleiros; ás 18 hrs. Entrada de balde previa recollida de invitacións na taquilla do teatro desde unha hora antes.

A nosa primeira obra infantil, para toda a familia, é unha reflexión sobre a pérdida de valores ao longo do crecemento e maduración. De cómo non debemos esquecer aoa nenoa que fomos e que debemos seguir levando dentro aínda que medremos. Tocamos temas como o acoso e o abuso, o perigo das novas tecnoloxías mal usadas e a intolerancia das normas sen reflexión e sentido común. Todo, por suposto, aderezado có amor. O amor da amizade limpa e sincera entre dos seres sinxelos e puros: Hédor e Gaia.

Con moito humor, guiños aos pais e nais e cancións en directo, estamos seguroas de que gustará. Animádevos!

Bicos e apertas. Saúde e Teatro!

Elenco: Nanda Tasende. Kike Vales. Sara Pascale. Lucía Veiga. O'Ale.
Cancións orixinais de Kike Vales.
Escenografía: Ubuntu Refugallos. (Luiggi e Iria)
Vestiario: Auri Vez.
Son e arranxos musicais: Iago Blanco e Miguel Thomas.
Estudio de son: Drum&Roll Studio.
Vídeo e fotografías (pendente): Lara Capeáns.
Técnico de son e luces: Luis Vivanco.
Produción e distribución: Paula Suárez.
Escrita e dirección: Alejandro Albaiceta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Estaremos encantados de recibir os teus comentarios (na lingua que prefiras) sempre e cando sexan constructivos e respetuosos. Graciñas.