miércoles, 4 de diciembre de 2013

O'Parque en Cedeira

A estrea da nova versión do musical "O'Parque" tivo lugar no auditorio de Cedeira o pasado 30 de novembro.
De novo contamos coa axuda e a amabilidade de Quique Vázquez.




















martes, 19 de noviembre de 2013

NOVEMBRO AXOUXERIANO


NOVEMBRO

AXÓUXERE

Este mes de novembro, Axóuxere tivo moita actividade nos escenarios de Galiza adiante.
As rapazas de "A rúa do inferno " estiveron en Ourense, primeiro o domingo 3, ás 19 hrs, en O Carballiño, dentro do V Encontro de Teatro Terras do Orcellón, organizado polo grupo de teatro Tiruleque. Á actuación no auditorio foi presenciada por 137 espectadores.

O venres día 8, levamos "A rúa..." a O Barco, tamén en Ourense, invitados polo grupo "Gargallada Teatro". A recepción e o trato posterior á representación foi delicioso. Gabriel, Manuel, Carlos e o resto dos compoñentes do grupo fixeron que a nosa estancia fose do máis pracentera. A representación tivo lugar no teatro Lauro Olmo ante uns 90 espectadores. 

O pasado domingo 17, Axóuxere estivo representada pola obra "A túá tenrura, Molotov" no ciclo ferrolán Domingos a escena. Coma sempre, o patio de butacas estivo prácticamente cheo... e tivemos a oportunidade de reencontrarnos co noso gran amigo e deseñador das iluminacións tanto de Vodas de Sangue, coma destes dous espectáculos, Antón Arias, agora Director Técnico do Teatro Jofre de Ferrol. 
Destacar que, nesta ocasión, Nanda Tasende actuou tan ben coma sempre, a pesares de estar con 39 de febre. Paradóxicamente, isto amosa a grande profesionalidade desta actriz de Teatro Amador. 

E o vindeiro día 30... estrearemos a nova versión do musical "O Parque" no auditorio de Cedeira. 

Xa vos contaremos que tal... 
Saúde e Teatro!

jueves, 19 de septiembre de 2013

Hipócrita Teatro sustitúe a Rueiros...


Por un problema de saúde (non grave, afortunadamente) dun dos membros da compañía Rueiros, esta tivo que ser sustituída. E para iso contamos coa compañía lucense Hipócrita Teatro.

viernes, 30 de agosto de 2013

Anfitrións do "Móvete" da Federación Galega de Teatro Amador


O FEGATEA MÓVETE é un circuito de teatro afeccionado da Federación Galega de Teatro Afeccionado que se celebra desde o ano 2006  e ten por obxetivo estimular a representación teatral dos grupos da FEDERACIÓN. A súa marca de identificación é a capacidade de " moverse” adaptándose a diferentes propostas do órgano regulador e a actualidade social e cultural cada ano ( Ano internacional do teatro, da muller, etc.). Este certame celébrase nas catro provincias nas mesmas datas dándolle unha cobertura a nivel autonómico. Os grupos participantes non poderán actuar na súa propia localidade fomentando así o intercambio teatral.

ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
Para participar neste certame a FEGATEA ponse en contacto cos grupos de teatro federados, establecendo en localidades diferentes un Móvete, os grupos fan unha inscripción segundo as bases establecidas para participar nos certámenes programados nestas sedes. 

MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Por unha banda a FEGATEA presenta a programación a nivel xeral e en cada localidade a través dos medios dispoñibles, radio e prensa para darlle a cobertura necesaria; o blog, faceboock e a revista faranse eco de todo o acontecido arredor da celebración das programacións.

ACTOS ARREDOR DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
 Este ano o FEGATEA MÓVETE, estará adicado a figura de Roberto Vidal Bolaño.Os grupos receptores dos Móvete poderán facer actos especiais arredor da figura deste dramaturgo galego; ben coa lectura do manifesto que laborou a FEGATEA, e que aparece nos propios carteis;ben con outros actos que lles parece máis axeitado nas súas localidades. Todo os actos desenvolvidos por cada sede recolleránse nunha memoria conxunta así como datos técnicos( asistencia de público,número de compañías, actores, etc. etc)

lunes, 8 de julio de 2013

Estrea de O'Parque no Auditorio de Mera.



O pasado sábado día 6 estreamos, por fin a nova comedia (musical). O resultado foi óptimo e a acollida do público calurosa (nunca mellor dito). Agradecer especialmente a LUIS VIVANCO a súa axuda coa iluminación, a FRAN FERNÁNDEZ o mesmo aos mandos técnicos do son... e sobre todo a IAGO BLANCO de DRStudios a súa pericia na colocación e axuste da microfonía que fixo que as voces luciran con moita naturalidade.

domingo, 16 de junio de 2013

O'Parque...





"O Parque..." quentou motores e tivo a súa primeira toma de contacto có público no certame de Teatro Candilejas Don Bosco organizado pola Deputación de A Coruña e o colexio Calvo Sotelo. Sendo o seu verdadeiro "pai" o prezado Francisco Cousido sen quen non existiría. A verdade é que estamos contentos da acollida e o resultado. Graciñas a Luis Vivanco que fixo un traballo excelente (en tempo récord) coa iluminación e a Fran Fernández quen sempre está ahí aos mandos técnicos do son e para amañar calquera cousa que poda ser necesaria. Grazas a "Drum&Roll Studio", Iago Blanco e Miguel Thomas, pola súa música. 

O vindeiro 6 de xullo... vémonos no Auditorio de Mera!!!

miércoles, 5 de junio de 2013

Arranxos musicais "O Parque..." Iago Blanco e Miguel Thomas. -Drum&Roll Studios - A Coruña.-

Iago Blanco traballando nos arranxos musicais dos temas da comedia "Asasinato no Parque de Atracción".
Estrea: 6 de xullo de 2013. AUDITORIO de MERA.    21 hrs.
Entrada de balde ata compretar aforo.

viernes, 1 de marzo de 2013

miércoles, 30 de enero de 2013

Xa temos músico!!!


Estamos encantados/as coa incorporación de Juan Manuel Tinaquero ao proxecto de "Comedia musical" que estamos a preparar.
     
          Juan vai facer os arranxos dos temas musicais da obra. De momento, temos 9 números, pero como a obra se vai escribindo conforme avanza, non descartemos nada...                                                  

Crónica: actuación en Cedeira.

O pasado sábado 26, actuamos coa comedia “A rúa do inferno” na vila de Cedeira. Estupendo día de sol. O Auditorio ten unha capacidade dunhas 250 persoas. Un teatro moi riquiño e bastante ben dotado tecnicamente.

Acudiron unhas 120 persoas. Na entrada, una parella xa entradiña en anos, dubida. A entrada custaba dous euros con cincuenta. O home quere ir ao bar a ver o partido. A muller quéixase de que nunca vai con ela a nada disto. Eu dígolle ao home que entre e que, se non rí, devólvolle os cartos. O home entra. Ao rematar a obra, dende o palco de arriba, na zona técnica, antes de que marche, chamo ao señor: oia, oia! Que! Riu? Ou non riu? Devólvolle os cartos? E o home, cun enorme sorriso nos beizos, dime que o pasou moi ben. A señora, tamén encantada, mira cara a min e eu, levantando unha man cun dedo e a outra có puño dígolle: Señora, Teatro: 1, fútbol: 0.

Unha estupenda experiencia... por poder comer marraxo por primeira vez na miña vida, delicioso, aínda que un pouco caro o sitio; e moi fluída e sinxela a comunicación con Kike, o técnico do teatro, que tamén forma parte dun dos grupos de Teatro Amador mais recoñecidos en Galicia: “O aturuxo de Melpómene” que gañaron certames por Galiza adiante coa súa obra “Comendo pementos de Padrón con Tarantino”. Esta é unha asociación teatral formada sobre todo por alumnos e alumnas que saen da escola de teatro de Narón. Trátase de xente con formación teatral que dende esta asociación pretenden gañar experiencia e seguir a formarse. Eles mesmos din que “O aturuxo…” é unha especie de ponte entre a escola e a profesionalidade.

Da representación por parte das rapazas, dicir que se nota que van gañando en soltura e que xa están afeitas á obra, aínda que tan só fixemos 7 actuacións polo de agora, e que estiveron estupendas, e mellor que van estar.