miércoles, 30 de enero de 2013

Xa temos músico!!!


Estamos encantados/as coa incorporación de Juan Manuel Tinaquero ao proxecto de "Comedia musical" que estamos a preparar.
     
          Juan vai facer os arranxos dos temas musicais da obra. De momento, temos 9 números, pero como a obra se vai escribindo conforme avanza, non descartemos nada...                                                  

Crónica: actuación en Cedeira.

O pasado sábado 26, actuamos coa comedia “A rúa do inferno” na vila de Cedeira. Estupendo día de sol. O Auditorio ten unha capacidade dunhas 250 persoas. Un teatro moi riquiño e bastante ben dotado tecnicamente.

Acudiron unhas 120 persoas. Na entrada, una parella xa entradiña en anos, dubida. A entrada custaba dous euros con cincuenta. O home quere ir ao bar a ver o partido. A muller quéixase de que nunca vai con ela a nada disto. Eu dígolle ao home que entre e que, se non rí, devólvolle os cartos. O home entra. Ao rematar a obra, dende o palco de arriba, na zona técnica, antes de que marche, chamo ao señor: oia, oia! Que! Riu? Ou non riu? Devólvolle os cartos? E o home, cun enorme sorriso nos beizos, dime que o pasou moi ben. A señora, tamén encantada, mira cara a min e eu, levantando unha man cun dedo e a outra có puño dígolle: Señora, Teatro: 1, fútbol: 0.

Unha estupenda experiencia... por poder comer marraxo por primeira vez na miña vida, delicioso, aínda que un pouco caro o sitio; e moi fluída e sinxela a comunicación con Kike, o técnico do teatro, que tamén forma parte dun dos grupos de Teatro Amador mais recoñecidos en Galicia: “O aturuxo de Melpómene” que gañaron certames por Galiza adiante coa súa obra “Comendo pementos de Padrón con Tarantino”. Esta é unha asociación teatral formada sobre todo por alumnos e alumnas que saen da escola de teatro de Narón. Trátase de xente con formación teatral que dende esta asociación pretenden gañar experiencia e seguir a formarse. Eles mesmos din que “O aturuxo…” é unha especie de ponte entre a escola e a profesionalidade.

Da representación por parte das rapazas, dicir que se nota que van gañando en soltura e que xa están afeitas á obra, aínda que tan só fixemos 7 actuacións polo de agora, e que estiveron estupendas, e mellor que van estar.

lunes, 21 de enero de 2013

Obradoiro de Escrita, dirección e interpretación.

Na "Tuerka films", A Coruña. 7 de marzo, xoves. Mais información en: info@latuerkafilms.com ou no teléfono: 618470512

jueves, 17 de enero de 2013

"MOLOTOV" Coprodución Axóuxere e iT-eatro.

Curiosa colaboración có Clube de Cata "Servino" no que representaremos esta comedia mentres os espectadores degustan unha cata de viño.

sábado, 12 de enero de 2013

RADIO OLEIROS - Os XOVES ás 12:30 e 17:30 hrs.



          Tódolos xoves, a partires do vindeiro 17, o director da compañía colaborará en Radio Oleiros 101.5 nun apartado de Axenda Cultural. Falaremos das actuacións de Axóuxere Teatro e outros eventos relacionados có mundo do teatro o cine e a televisión.

Dende aquí, invitamos a quen queira facerse eco dalgunha actividade deste tipo, a que nola comunique.

Saúde compañeiros e compañeiras!!
Nota: o programa repítese pola tarde e a sección caerá sobre as 17:30 hrs.

miércoles, 9 de enero de 2013