viernes, 30 de agosto de 2013

Anfitrións do "Móvete" da Federación Galega de Teatro Amador


O FEGATEA MÓVETE é un circuito de teatro afeccionado da Federación Galega de Teatro Afeccionado que se celebra desde o ano 2006  e ten por obxetivo estimular a representación teatral dos grupos da FEDERACIÓN. A súa marca de identificación é a capacidade de " moverse” adaptándose a diferentes propostas do órgano regulador e a actualidade social e cultural cada ano ( Ano internacional do teatro, da muller, etc.). Este certame celébrase nas catro provincias nas mesmas datas dándolle unha cobertura a nivel autonómico. Os grupos participantes non poderán actuar na súa propia localidade fomentando así o intercambio teatral.

ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
Para participar neste certame a FEGATEA ponse en contacto cos grupos de teatro federados, establecendo en localidades diferentes un Móvete, os grupos fan unha inscripción segundo as bases establecidas para participar nos certámenes programados nestas sedes. 

MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Por unha banda a FEGATEA presenta a programación a nivel xeral e en cada localidade a través dos medios dispoñibles, radio e prensa para darlle a cobertura necesaria; o blog, faceboock e a revista faranse eco de todo o acontecido arredor da celebración das programacións.

ACTOS ARREDOR DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
 Este ano o FEGATEA MÓVETE, estará adicado a figura de Roberto Vidal Bolaño.Os grupos receptores dos Móvete poderán facer actos especiais arredor da figura deste dramaturgo galego; ben coa lectura do manifesto que laborou a FEGATEA, e que aparece nos propios carteis;ben con outros actos que lles parece máis axeitado nas súas localidades. Todo os actos desenvolvidos por cada sede recolleránse nunha memoria conxunta así como datos técnicos( asistencia de público,número de compañías, actores, etc. etc)