lunes, 7 de marzo de 2016

Nova etapa das "Rueiras"

Abríuse unha nova etapa para as chicas de "A rúa do inferno". Tras catro anos, seguimos na rúa, renovadas e remozadas con novos traxes de faralaes traídos da capital, dos madriles, pola nosa nova "Juani", Sara Pascale. Nesta nova andadura, xa estivemos por Brión, Outes e O'Sindo (Ferrol) e agárdanos o Ágora de A Coruña o vindeiro 28 de maio. A actuación será en apoio da asociación Asperga para o soporte de chicos e chicas con síndrome de ásperger.